16/2/14

COÑECEMOS O TRONCO E AS EXTREMIDADES

Imaxe Philip Martín

Agora que xa sabemos como é a nosa cara e todo o que temos nela, esta semana estivemos coñecendo o noso tronco e as extremidades superiores e inferiores. Para iso fixemos distintas actividades:

- Escoitamos e bailamos cancións que falaban de distintas partes do corpo como estas:








- Fixemos distintos xogos con estas tarxetas que preparou a profe: repartidas as tarxetas por toda a clase había que buscarlas, sinalalas, descubrir cal faltaba, ...

Imaxes de http://www.earlylearninghq.org.uk/


- Xogamos ao bingo:



- Ao dominó:



- Ás parellas:



Fixemos estas fichas:



- E utilizamos moitos dos recursos sobre as partes do corpo que podedes atopar clicando nas pestanas de enriba ou clicando na imaxe:

6/2/14

A NOSA CARA


Continuando co estudo de como é o noso corpo por fóra, estes días aprendimos que o noso corpo se divide principalmente en tres partes: CABEZA, TRONCO E EXTREMIDADES:



Descubrimos que na cabeza temos a CARA e nela centramos o noso interese. O primeiro foi aprender como se chaman as súas partes:


Búscamolas na nosa cara, nunhas imaxes que tiña a profe,nos nosos compañeiros, tocámolas,...

Copiando unha idea que vimos no blogue EL BLOG DE L@S MAESTR@S DE AUDICIÓN Y LENGUAJE, a profe impriu as nosas fotografías, recortounas e fíxonos un xogos para ver si eramos capaces de montar as nosas fotos. Saíannos unhas caras moi divertidas.


Ollade senón cando mesturamos varias caras:


Ademáis aprendimos a poesía A MIÑA CARA, gravámola, fixemos unha pequena montaxe e quedounos así de bonita:
Estas son algunhas das fichas que fixemos:






Y aquí vos deixamos algúns recursos moi útiles e divertidos para traballar a cara e as súas partes. Nós utilizarémolos o próximo día de informática na PDI.


E estes dous que comparten con nós, Encarni da Blog Biblioteca Gregorio Marañón e María do blogue Dueños de Estrellas:

Así como estas dúas cancións: