28/5/14

QUE TEÑEN OS ÓSOS POR DENTRO?

Continuando co noso estudo dos ósos, quixemos saber como era un óso por dentro. Descubrimos que case todos os ósos están compostos por:

  • Unha membrana fina que se chama PERIOSTIO.
  • Unha capa lisa e dura formada por ÓSO COMPACTO
  • Por dentro do óso compacto, moitas capas de ÓSO ESPONXOSO que como di o seu nome, se parece bastante a unha esponxa.
  • É a parte máis interna a MÉDULA ÓSEA.
Nesta animación flash podedes ver como é un ÓSO. Clica na imaxe e despois nos rótulos para obter máis información:


http://kidshealth.org/kid/en_espanol/interactivo/bones_it_esp.html

Quixemos recrealo e para iso, fabricamos unha maqueta cun tubo de cartón de papel hixiénico, unha esponxa amarela, papel de seda tamén amarelo, unha palliña, dous trozos de lá de cor azul e vermello e plástico transparente:



E coma sempre, para afianzar o aprendido, fixemos esta ficha:


E como non todo vai ser traballar, vos deixamos este xogo de memoria sobre ósos:

http://primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/septiembre/unidad_1/memoria.swf

ESTUDAMOS OS ÓSOS: COMO SON?

 Estes días estamos a estudar os ÓSOS. Descubrimos que os ÓSOS son as partes DURAS do noso corpo, que son RÍXIDOS e por iso NON SE PODEN DOBRAR. Ao principio non o tiñamos moi claro, pero a profe deixounos uns ósos de polo para que o comprobásemos por nós mesmos :


Aprendimos que no corpo temos 206 ósos, e que non todos son iguais: algúns son LONGOS (como o fémur), outros CURTOS (como os ósos das mans) e outros PLANOS (como os ósos do cranio):


Tamén  que ainda que son moi duros se nos damos un golpe moi forte poden FRACTURARSE que é o que lle pasou ao noso compañeiro Kevin, que estivo tres semanas sin vir porque nunha caída fracturou o ombro.
Falamos de que para que os nosos ósos estean moi fortes e sans temos que tomar moito CALCIO e que o calcio o atopamos no leite, nos iogures, no queixo,... Porque, que pasaría se non tomásemos calcio? Para iso comezamos un experimento utilizando...


Pero deste EXPERIMENTO falaremos a semana que vén cando o teñamos completado ji ji.

Ademais, sabedes que? Os médicos poden sacar fotografías dos nosos ósos utilizando un aparato de RAIOS X. Por casualidades da vida, no noso cole resulta que temos un cuarto onde hai unha máquina antigua de Raios X, así que nin cortos nin perezosos fomos a visitala e aproveitamos para quitar unha foto alí:


E como son as fotografías que saen? Esas fotografías chámanse RADIOGRAFÍAS e a profe amosounos unhas que tiña na clase. Eran uns papeis negros nos que non se veía nada. Pero cando as puxemos na ventá .... misteriosamente vimos o que había nelas:


E quixemos ter unha radiografía da nosa man , así que nos puxemos máns á obra e este é o resultado:


E para que non se nos olvidase todo o que aprendimos, fixemos esta fichiña:


Mañá vos seguiremos informando de outras cousiñas que tamén aprendimos.

16/5/14

VISITAMOS O CENTRO COMERCIAL ALCAMPO


Continuando co noso proxecto sobre o corpo e a alimentación saudable, o martes fomos de excursión ao centro comercial Alcampo. Unha vez alí, fixemos un percorrido por todo o recinto acompañados da nosa estupenda guía, Araceli, que nos amosou os almacéns, a carnicería, a peixería, a froitería, a panadería, ... Foi unha visita moi instructiva na que aprendimos o nome de moitas froitas exóticas, cómo se envasa a carne, o enorme forno onde se fai o pan e ademais poidemos degustar o chocolate riquísimo que poñen nas tartas, UHMMMMMMM!