Estes días estamos a estudar os ÓSOS. Descubrimos que os ÓSOS son as partes DURAS do noso corpo, que son RÍXIDOS e por iso NON SE PODEN DOBRAR. Ao principio non o tiñamos moi claro, pero a profe deixounos uns ósos de polo para que o comprobásemos por nós mesmos :
Aprendimos que no corpo temos 206 ósos, e que non todos son iguais: algúns son LONGOS (como o fémur), outros CURTOS (como os ósos das mans) e outros PLANOS (como os ósos do cranio):
Tamén que ainda que son moi duros se nos damos un golpe moi forte poden FRACTURARSE que é o que lle pasou ao noso compañeiro Kevin, que estivo tres semanas sin vir porque nunha caída fracturou o ombro.
Falamos de que para que os nosos ósos estean moi fortes e sans temos que tomar moito CALCIO e que o calcio o atopamos no leite, nos iogures, no queixo,... Porque, que pasaría se non tomásemos calcio? Para iso comezamos un experimento utilizando...
Pero deste EXPERIMENTO falaremos a semana que vén cando o teñamos completado ji ji.
Ademais, sabedes que? Os médicos poden sacar fotografías dos nosos ósos utilizando un aparato de RAIOS X. Por casualidades da vida, no noso cole resulta que temos un cuarto onde hai unha máquina antigua de Raios X, así que nin cortos nin perezosos fomos a visitala e aproveitamos para quitar unha foto alí:
E como son as fotografías que saen? Esas fotografías chámanse RADIOGRAFÍAS e a profe amosounos unhas que tiña na clase. Eran uns papeis negros nos que non se veía nada. Pero cando as puxemos na ventá .... misteriosamente vimos o que había nelas:
E quixemos ter unha radiografía da nosa man , así que nos puxemos máns á obra e este é o resultado:
E para que non se nos olvidase todo o que aprendimos, fixemos esta fichiña:
Mañá vos seguiremos informando de outras cousiñas que tamén aprendimos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario