Agora que xa coñecemos os ÓSOS e os MÚSCULOS, tocounos o turno de falar das ARTICULACIÓNS. Averiguamos que os ósos están unidos os uns aos outros, que a zona onde se unen chámase ARTICULACIÓN e que se non tivésemos articulacións o noso corpo non se podería MOVER nin DOBRAR.
Para probalo por nós mesmos, collemos os brazaletes que utilizamos para a nosa actuación de nadal e colocámolos nos XEONLLOS, nos CÓBADOS e no PESCOZO. Descubrimos que así era dificilísimo andar, dobrar os brazos ou xirar a cabeza:
Aprendimos o nome dalgunhas articulacións e para que nos servían como os OMBROS (para subir os brazos), os CÓBADOS (para dobralos), os PULSOS (para dobrar a man), o PESCOZO (para xirar á cabeza), a CINTURA (para dobrar o tronco), os XEONLLOS (para dobrar as pernas) e os NOCELLOS (para dobrar os pés).
Practicamos os nomes das articulacións,
1º Co moneco articulado que temos na clase:
2º E despois con esta moneca que fixemos entre todos utilizando tubos de cartón de papel de cociña, de papel hixiénico e cartón:
Quixemos ter o noso propio moneco articulado e para iso utilizamos esta plantilla da estupenda web ACTILUDIS:
clicade na imaxe
E así de bonitos nos quedaron:
Ademais fixemos esta ficha para afianzar todo o aprendido:
E utilizamos algúns destes recursos que vos deixamos por se vos poden resultar útiles:
No hay comentarios:
Publicar un comentario