29/6/14

REMATAMOS O PROXECTO

Imaxe de Phillip Martin


A piques de rematar o curso, tamén rematamos polo de agora, o noso proxecto sobre o corpo humano. Durante estes dous trimestres, aprendimos como somos por fóra e tamén como é o noso aparato locomotor: músculos, ósos e articulacións. Fixemos divertidos experimentos, xogamos co noso corpo e fixemos un dossier no que recollimos todo o aprendido.
Ainda que foi moito o que aprendimos, quedáronnos moitísimas cousas que ver que deixaremos para o vindeiro curso: os distintos órganos e as súas funcións, o aparto dixestivo, respiratorio, circulatorio,...

Aquí vos deixamos o dossier que fixemos por se a alguén lle pode resultar útil en vindeiros cursos:


E así nos quedou a nós:


Para non esquecer ningunha das cousiñas que aprendimos, temos este libro lim, co que practicar e lembrar sempre que queiramos:

https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/corpo/corpo.html
Podedes seguir todo o noso proxecto non só neste blogue senón tamén no noso taboleiro de pinterest sobre o mesmo:


http://es.pinterest.com/anamartinezrey3/o-corpo-humano/

11/6/14

AS ARTICULACIÓNS


Agora que xa coñecemos os ÓSOS e os MÚSCULOS, tocounos o turno de falar das ARTICULACIÓNS. Averiguamos que os ósos están unidos os uns aos outros, que a zona onde se unen chámase ARTICULACIÓN e que se non  tivésemos articulacións o noso corpo non se podería MOVER nin DOBRAR

Para probalo por nós mesmos, collemos os brazaletes que utilizamos para a nosa actuación de nadal e colocámolos nos XEONLLOS, nos CÓBADOS e no PESCOZO. Descubrimos que así era dificilísimo andar, dobrar os brazos ou xirar a cabeza:


Aprendimos o nome dalgunhas articulacións e para que nos servían como os OMBROS (para subir os brazos), os CÓBADOS (para dobralos), os PULSOS (para dobrar a man), o PESCOZO (para xirar á cabeza), a CINTURA (para dobrar o tronco), os XEONLLOS (para dobrar as pernas) e os NOCELLOS (para dobrar os pés).

Practicamos os nomes das articulacións,

1º Co moneco articulado que temos na clase:


2º E despois con esta moneca que fixemos entre todos utilizando  tubos de cartón de papel de cociña, de papel hixiénico e cartón:


Quixemos ter o noso propio moneco articulado  e para iso utilizamos esta plantilla da estupenda web ACTILUDIS:

clicade na imaxe

E así de bonitos nos quedaron:


Ademais fixemos esta ficha para afianzar todo o aprendido:


E utilizamos algúns destes recursos que vos deixamos por se vos poden resultar útiles:






4/6/14

O CALCIO E OS ÓSOS: REMATANDO O ESTUDO DO ESQUELETO


Agora que xa sabemos como son os ósos, que tipos hai, o nome dalgúns ósos do noso esqueleto así como a súa utilidade, comprobamos por que o CALCIO é tan importante para que os nosos ósos medren sans e fortes.
Para comprobalo, a semana pasada comezamos un experimento que onte chegou ao seu fin. Esto é o que fixemos e comprobamos:


Despois disto, quedounos moi clariño que na nosa DIETA non poden faltar alimentos ricos en calcio como LEITE, QUEIXO, IOGURES,...
Na seguinte  infografía de EROSKI CONSUMER podemos ver que alimentos son ricos en calcio e cales favorecen a súa absorción:

Clica na imaxe

E xa para rematar cos ósos e o esqueleto, que mellor xeito de facelo que cunha canción onde ademais podemos repasar os músculos:


E facendo este puzzle do esqueleto:

3/6/14

O ESQUELETO II: PRACTICANDO COA REALIDADE AUMENTADA


Despois de saber para que serve o esqueleto, quixemos saber como se chaman algúns dos ósos que o forman, para iso utilizamos algúns recursos como estes:



Practicamos con este xogo:


Con esta ficha:

Co puzzle dos ósos que temos no noso recuncho do proxecto:


E ademais, aproveitando que temos unha tablet na clase, descargamos nela dúas aplicacións gratuitas sobre o corpo humano.
Coa  primeira:

vimos un póster dun esqueleto e tamén como dunha figura que parecía un cadrado, saía un esqueleto en vertical que nos dicía o nome dos ósos. Parecía maxia!!!!!!!


A segunda:


permitiunos ver o noso esqueleto:
         



O ESQUELETO I

Continuando co noso estudo sobre os ÓSOS, descubrimos que o conxunto de todos os ósos chámase ESQUELETO e que o esqueleto serve para soster o corpo e protexer órganos tan importantes como o corazón, o cerebro, os pulmóns, ...
Nos seguintes videos, explícannolo dun xeito moi sinxelo:





Coma sempre, para afianzar o aprendido, fixemos esta ficha onde ademais de completar coas palabras precisas, montamos un esqueleto a partir dunha ficha que podedes atopar na estupenda páxina de ACTILUDIS:


E como montamos tan ben o esqueleto, decidimos volver a montalo pero esta vez utilizando paíños de algodón. Ollade que chulis nos quedaron:


28/5/14

QUE TEÑEN OS ÓSOS POR DENTRO?

Continuando co noso estudo dos ósos, quixemos saber como era un óso por dentro. Descubrimos que case todos os ósos están compostos por:

  • Unha membrana fina que se chama PERIOSTIO.
  • Unha capa lisa e dura formada por ÓSO COMPACTO
  • Por dentro do óso compacto, moitas capas de ÓSO ESPONXOSO que como di o seu nome, se parece bastante a unha esponxa.
  • É a parte máis interna a MÉDULA ÓSEA.
Nesta animación flash podedes ver como é un ÓSO. Clica na imaxe e despois nos rótulos para obter máis información:


http://kidshealth.org/kid/en_espanol/interactivo/bones_it_esp.html

Quixemos recrealo e para iso, fabricamos unha maqueta cun tubo de cartón de papel hixiénico, unha esponxa amarela, papel de seda tamén amarelo, unha palliña, dous trozos de lá de cor azul e vermello e plástico transparente:



E coma sempre, para afianzar o aprendido, fixemos esta ficha:


E como non todo vai ser traballar, vos deixamos este xogo de memoria sobre ósos:

http://primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/septiembre/unidad_1/memoria.swf

ESTUDAMOS OS ÓSOS: COMO SON?

 Estes días estamos a estudar os ÓSOS. Descubrimos que os ÓSOS son as partes DURAS do noso corpo, que son RÍXIDOS e por iso NON SE PODEN DOBRAR. Ao principio non o tiñamos moi claro, pero a profe deixounos uns ósos de polo para que o comprobásemos por nós mesmos :


Aprendimos que no corpo temos 206 ósos, e que non todos son iguais: algúns son LONGOS (como o fémur), outros CURTOS (como os ósos das mans) e outros PLANOS (como os ósos do cranio):


Tamén  que ainda que son moi duros se nos damos un golpe moi forte poden FRACTURARSE que é o que lle pasou ao noso compañeiro Kevin, que estivo tres semanas sin vir porque nunha caída fracturou o ombro.
Falamos de que para que os nosos ósos estean moi fortes e sans temos que tomar moito CALCIO e que o calcio o atopamos no leite, nos iogures, no queixo,... Porque, que pasaría se non tomásemos calcio? Para iso comezamos un experimento utilizando...


Pero deste EXPERIMENTO falaremos a semana que vén cando o teñamos completado ji ji.

Ademais, sabedes que? Os médicos poden sacar fotografías dos nosos ósos utilizando un aparato de RAIOS X. Por casualidades da vida, no noso cole resulta que temos un cuarto onde hai unha máquina antigua de Raios X, así que nin cortos nin perezosos fomos a visitala e aproveitamos para quitar unha foto alí:


E como son as fotografías que saen? Esas fotografías chámanse RADIOGRAFÍAS e a profe amosounos unhas que tiña na clase. Eran uns papeis negros nos que non se veía nada. Pero cando as puxemos na ventá .... misteriosamente vimos o que había nelas:


E quixemos ter unha radiografía da nosa man , así que nos puxemos máns á obra e este é o resultado:


E para que non se nos olvidase todo o que aprendimos, fixemos esta fichiña:


Mañá vos seguiremos informando de outras cousiñas que tamén aprendimos.