Co medidor que pegamos tras a porta. por parellas nos medimos. O noso medidor, só tiña un problemiña e é que chegaba ata os 175 cm e dous de nós, nos pasabamos, polo que tivemos que axudarnos dunha regra :):
PESÁMOSNOS
Utilizando unha báscula dixital que atopamos nunha clase:
Pasamos todos os resultados a unhas gráficas que debuxamos no encerado. Pero como a profe xa non tiña batería nin na cámara nin no móbil, non puido quitar fotos :( Coas gráficas diante, descubrimos quen era o máis alto de clase, o máis baixo, quen era o que pesaba máis e quen era o que menos .
Ollade estas gráficas a ver si vos tamén o descubrides:
E xa que estabamos coas medidas, decidimos practicar a medir coa regra, e que podiamos medir? Pois ... as nosas mans e os nosos pés, por exemplo: