20/1/14

COMEZAMOS O PROXECTO



Neste trimestre  a nivel de todo o centro, levaremos a cabo un  proxecto sobre O NOSO CORPO. Eleximos este tema porque os nenos e nenas se expresan e senten a través do seu corpo, por iso, é importante que o coñezan, exploren e o vivencien, non só as súas partes externas e visibles, senón tamén, aquelas que non se ven pero se senten e xeneran neles un gran interese.

Esperamos que ao finalizar o proxecto, os noso alumnado teña un coñecemento máis amplo do seu corpo e as partes que o forman:  que identiquen os principais órganos internos relacionados coa respiración, a dixestión e a circulación, ademais das articulacións, os ósos e os músculos; así como os hábitos saudables de coidado corporal e alimentación.

Comezamos coma sempre por saber cales eran os seus coñecementos previos e que é o que querían aprender. Na nosa clase isto foi o que dixeron:

http://prezi.com/qrng_ippfp7c/o-noso-corpo/

E a continuación fixemos a primeira ficha do proxecto, ESTE/A SON EU,para ver como se ven eles mesmos. Estes foron os resultados:


No hay comentarios:

Publicar un comentario