25/1/14

COMO SOMOS POR FÓRA?

Continuando co noso proxecto sobre o corpo humano, estes días estivemos observando como somos por fóra.

DESCRIBÍMOSNOS


MEDÍMOSNOS


Co medidor que pegamos tras a porta. por parellas nos medimos. O noso medidor, só tiña un problemiña e é que  chegaba ata os 175 cm e dous de nós, nos pasabamos, polo que tivemos que axudarnos dunha regra :):


PESÁMOSNOS

Utilizando unha báscula dixital que atopamos nunha clase:


Pasamos todos os resultados a unhas gráficas que debuxamos no encerado. Pero como a profe xa non tiña batería nin na cámara nin no móbil, non puido quitar fotos :( Coas gráficas diante, descubrimos quen era o máis alto de clase, o máis baixo, quen era o que pesaba máis e quen era o que menos .
Ollade estas gráficas a ver si vos tamén  o descubrides:




E xa que estabamos coas medidas, decidimos practicar a medir coa regra, e que podiamos medir? Pois ... as nosas mans e os nosos pés, por exemplo:


No hay comentarios:

Publicar un comentario