22/3/14

AS PEGADAS DIXITAIS: DETECTIVES POR UN DÍA

Continuando co estudo da pel, descubrimos que a xema dos nosos dedos está recuberta duns debuxiños  chamados PEGADAS DACTILARES ou DIXITAIS. Sabiades que SON SEMPRE DIFERENTES? Non hai dúas personas no mundo que teñan a mesma pegada !!!!!!!

Quixemos ver como eran as nosas, así que pedimos prestados ao EQUIPO DA BIBLIOTECA uns chulísimos tampóns de cores e o venres pasado, estampamos as NOSAS PEGADAS DIXITAIS:



Ahora ben, como podemos conseguir as nosas pegadas se non dispoñemos de tampóns de tinta? Hoxe descubrimos que se pode facer dun  xeito ben caseiro.


A profe aproveitou para explicarnos que os debuxos que fan as nosas pegadas, pódense clasificar en tres grandes grupos: ESPIRAIS, BUCLES (simples ou dobres) e ARCOS:


Tiñamos moita curiosidade por saber cales tiñamos nós, por iso armados dunhas lupas e con moita paciencia, mirando as nosas pegadas de hoxe e as do outro día, averiguámolo:


Como demostramos ser uns boísimos DETECTIVES decidimos facer un xogo:

16/3/14

CUBRINDO O NOSO CORPO: A PEL

Imaxe de http://kidshealth.org/

Retomando o noso proxecto sobre o corpo humano, estes días aprendimos que todo o noso corpo está cuberto pola pel que nos protexe non só do frío e da calor senón tamén de xérmenes perxudiciais para a nosa saúde e que a  parte máis superficial da pel, esa que vemos a simple vista, é moi delgadiña, chámase EPIDERME,  e actúa como unha barreira que nos protexe do exterior e non permite a saída de líquidos do interior do corpo.

Para entender isto fixemos este primeiro experimento:


Tamén aprendimos que cando estamos ao sol debemos utilizar protección solar porque ainda que o sol é moi bo para a saúde do noso corpo, en exceso resulta moi perxudicial para a pel producindo roibéns, queimaduras ou incluso cancro de pel. E fixemos o noso segundo experimento:

E xa que queda moi pouquiño para que chegue a primavera, e estes días estamos a disfrutar duns preciosos días soleados, este segundo experimento deunos pé para falar doutros xeitos de protexernos do sol como gorras, gafas de sol ,...
E para rematar fixemos esta ficha: