Imaxe de http://kidshealth.org/
Retomando o noso proxecto sobre o corpo humano, estes días aprendimos que todo o noso corpo está cuberto pola pel que nos protexe non só do frío e da calor senón tamén de xérmenes perxudiciais para a nosa saúde e que a parte máis superficial da pel, esa que vemos a simple vista, é moi delgadiña, chámase
EPIDERME, e actúa como unha barreira que nos protexe do exterior e non permite a saída de líquidos do interior do corpo.
Para entender isto fixemos este primeiro experimento:
Tamén aprendimos que cando estamos ao sol debemos utilizar protección solar porque ainda que o sol é moi bo para a saúde do noso corpo, en exceso resulta moi perxudicial para a pel producindo roibéns, queimaduras ou incluso cancro de pel. E fixemos o noso segundo experimento:
E xa que queda moi pouquiño para que chegue a primavera, e estes días estamos a disfrutar duns preciosos días soleados, este segundo experimento deunos pé para falar doutros xeitos de protexernos do sol como gorras, gafas de sol ,...
E para rematar fixemos esta ficha:
un PROYECTO muy bonito, me vendrá para mis peques. Un besico
ResponderEliminar