Continuando co estudo da pel, descubrimos que a xema dos nosos dedos está recuberta duns debuxiños chamados PEGADAS DACTILARES ou DIXITAIS. Sabiades que SON SEMPRE DIFERENTES? Non hai dúas personas no mundo que teñan a mesma pegada !!!!!!!
Quixemos ver como eran as nosas, así que pedimos prestados ao EQUIPO DA BIBLIOTECA uns chulísimos tampóns de cores e o venres pasado, estampamos as NOSAS PEGADAS DIXITAIS:
Ahora ben, como podemos conseguir as nosas pegadas se non dispoñemos de tampóns de tinta? Hoxe descubrimos que se pode facer dun xeito ben caseiro.
A profe aproveitou para explicarnos que os debuxos que fan as nosas pegadas, pódense clasificar en tres grandes grupos: ESPIRAIS, BUCLES (simples ou dobres) e ARCOS:
Tiñamos moita curiosidade por saber cales tiñamos nós, por iso armados dunhas lupas e con moita paciencia, mirando as nosas pegadas de hoxe e as do outro día, averiguámolo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario