Para que o entendésemos todos, fíxonos unha pequena representación para que a todos nos quedara moi clariño cales eran os alimentos saudables e cales non. Así pois o noso salón de actos convertiuse nun pequeno RESTAURANTE onde tiñamos un CAMAREIRO e TRES CLIENTES moi distintos: un que era moi goloso (o noso Dani Torres), outro que non comía case nada (Manu Montoya) e unha que comía a comida do noso cole (Yolanda Crespo):
A través do que pedían os nosos clientes para almorzar, comer, merendar e cear, víamos claramente como o neno goloso engordaba sen parar (cada vez que pedían algo, o camarero levaba ao cliente ata as proteínas, vitaminas e graxas e según o pedido íanse metendo no bandullo tantas "pezas" como eran necesarias):
E que podemos facer para baixar eses quilos de máis? Pois moito EXERCICIO así que mellor xeito de rematar que bailando todos xuntos:
E para que na casa podades seguir aprendendo sobre a alimentación saudable, deixámosvos este caderno
No hay comentarios:
Publicar un comentario