Imaxe de Phillip Martin
E ... que é iso dos músculos? Descubrimos que os músculos son as partes brandas do noso corpo o que normalmente coñecemos como "carne" que no corpo temos uns 450 pares de músculos que nos permiten correr, saltar, camiñar ... é dicir MOVERNOS, que hai diferentes tipos de músculos, que o máis curto está na orella e os máis longos nas pernas.
Pero ademais descubrimos que os músculos pódense estirar e contraer e para iso utilizamos esta maqueta que nos fixo como non o noso adxunto do taller de carpintería ROCA. Unha vez máis quero agradecerlle dende aquí todo o que nos axuda cos nosos "descubrimentos".
Estes son os nomes dos músculos que aprendimos e as fichas que fixemos:
Para aprender ben os nomes dos músculos (que nos soaban un pouquiños raros) xogamos a SIMON DÍ ..., fixemos exercicio e uns sinxeliños EXPERIMENTOS. Ollade, ollade:
E por último para afianzar moi ben o estudado utilizamos os seguintes recursos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario