27/4/14

QUE TEMOS DEBAIXO DA PEL? ESTUDAMOS OS MÚSCULOS

Imaxe de Phillip Martin

Despois de investigar como era a nosa pel e que tiñamos que facer para coidala, chegou o momento de afondar un pouquiño máis e ver que había debaixo dela. Deseguida o descubrimos. Debaixo da nosa pel temos ... OS MÚSCULOS.


E ... que é iso dos músculos? Descubrimos que os músculos son as partes brandas do noso corpo o que normalmente coñecemos como "carne" que no  corpo temos uns 450 pares de músculos que nos permiten correr, saltar, camiñar ... é dicir MOVERNOS, que hai diferentes tipos de músculos, que o máis curto está na orella e os máis longos nas pernas.

Pero ademais descubrimos que os músculos pódense estirar e contraer e para iso utilizamos esta maqueta que nos fixo como non o noso adxunto do taller de carpintería ROCA. Unha vez máis quero agradecerlle dende aquí todo o que nos axuda cos nosos "descubrimentos".



Estes son os nomes dos músculos que aprendimos e as fichas que fixemos:



Para aprender ben os nomes dos músculos (que nos soaban un pouquiños raros) xogamos a SIMON DÍ ..., fixemos exercicio e uns sinxeliños EXPERIMENTOS. Ollade, ollade:



E por último para afianzar moi ben o estudado utilizamos os seguintes recursos:





E XA ESTAMOS PREPARADOS PARA DESCUBRIR ...
 OS ÓSOS

17/4/14

FACEMOS PIZZA


Continuando coa ALIMENTACIÓN SAÚDABLE, despois da charla coa doutora, botamos man do PCPI DE RESTAURACIÓN que temos no cole, e entre todos fixemos unha PIZZA do máis saúdable. Ollade, ollade:



Ao día seguinte para que non se nos esquecese como se facía , fixemos estas estupendas fichas que nos pasou a profe Lucía:




ANIMÁDEVOS A FACELA? ESTABA BOÍSIMA

Na páxina oficial de Os Bolechas, no apartado de saúde podedes atopar crebacabezas, xogos de preguntas, de colorear, ... para  xogar online así como estupendo material para descargar como un conto, pósters, recortables, miniguías ,... para traballar a Alimentación Saúdable.

15/4/14

CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

No noso centro temos a gran sorte de contar con servicio médico por iso lle propuxemos á doutora, Margarita, que nos dese unha charla sobre bos hábitos alimenticios. Margarita falounos do importante que é comer ben, na súa xusta medida, que se comemos pouco non temos forzas para xogar nin traballar e que se comemos de máis entón engordamos, nos cansamos moi pronto e podemos enfermar.
Para que o entendésemos todos,  fíxonos unha pequena representación para que a todos nos quedara moi  clariño cales eran os alimentos saudables e cales non. Así pois o noso salón de actos convertiuse nun pequeno RESTAURANTE onde tiñamos un CAMAREIRO e TRES CLIENTES moi distintos: un que era moi goloso (o noso Dani Torres), outro que non comía case nada (Manu Montoya) e unha que comía a comida do noso cole (Yolanda Crespo):

E non podían faltar no noso restaurante particular, as PROTEINAS, as GRAXAS e as VITAMINAS:


A través do que pedían os nosos clientes para almorzar, comer, merendar e cear, víamos claramente como o neno goloso engordaba sen parar (cada vez que pedían algo, o camarero levaba ao cliente ata as proteínas, vitaminas e graxas e según o pedido íanse metendo no bandullo tantas "pezas" como eran necesarias):


E que podemos facer para baixar eses quilos de máis? Pois moito EXERCICIO así que mellor xeito de rematar que bailando todos xuntos:


E para que na casa podades seguir aprendendo sobre a alimentación saudable, deixámosvos este caderno